Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 7 de setembro de 2022

NOVAS

O Concello de Ames vai celebrar por cuarta vez consecutiva a Semana Europea da Mobilidade, que neste 2022 se desenvolve do 16 ao 22 de setembro, cunha serie de actividades a prol da mobilidade activa, do transporte público e doutros medios limpos e intelixentes. Deste xeito, o programa inclúe a ...

Dende este luns 5 de setembro volve estar aberto o prazo para novas inscricións na Escola Municipal de Teatro de Ames, co fin de que aquelas persoas que o desexen poidan formalizar a súa inscrición e ocupar os 29 ocos que restan nos diferentes grupos. Para inscribirse, cómpre

A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores 7 de setembro no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun pr ...

AVISOS

A Concellaría de Promoción Económica informa de que se vai suspender a Feira de artesanía, que estaba organizada pola Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), para os días 10 e 11 de setembro no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Dita feira é suspendida debido a que a predición meteorolóxic ...
Debido a un erro no aplicativo xa solucionado, as mensaxes enviadas pola veciñanza ao servizo municipal WhatsAmes entre o 1 e o 5 de setembro non foron recibidas. Neste senso, pídese ás persoas que empregaron a liña de comunicación neste período que volvan deixar as súas dúbidas, queixas ou ...

GALERIA

AXENDA