Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 7 de agosto de 2024

AVISOS
No verán tamén hai espazo para facer deporte. Durante o mes de agostodesenvolverase a actividade “Camiñando no solpor”. A primeira andaina será mañá, xoves 8 de agosto, no Milladoiro. O punto de encontro será o centro de saúde, ás 20:00 horas.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas nos servizos complementarios de educación (Bos Días Cole, Tardes Divertidas e Comedor Escolar) para o curso 2024-2025.
O Pleno do Concello de Ames, en sesión ordinaria do 31.07.2024, acordou a aprobación inicial a modificación da Ordenanza fiscal número 3.A.8 reguladora da taxa pola prestación de servizos complementarios educativos e de conciliación da vida familiar e laboral do Concello de Ames. Mediante o pr ...

NOVAS

Este xoves, 8 de agosto, o campo da festa de Agrón acollerá por primeira vez os Seráns de Ames. Esta iniciativa, que se desenvolve durante os meses de xullo e agosto, acolle nesta ocasión a sexta xornada co concerto do grupo “A banda de Nash” ás 20:00 horas.