Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 5 de outubro de 2023

AVISOS
O Concello de Ames, a través do programa de formación da Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), convoca unha bolsa de prácticas no Servizo de Normalización Lingüística municipal, dirixida a titulados/as universitarios/as sen experiencia laboral nio ámbito da súa titulación.

NOVAS

Esta mañá o alcalde de Ames, Blas García, participou na Cámara de Comercio de Santiago de Compostela na xornada “As Comunidades Enerxéticas Locais. Un proxecto de futuro” na que se abordaron as vantaxes e beneficios das comunidades enerxéticas entre outras cuestións. Neste senso, cómp ...

O vindeiro xoves, 12 de outubro, vaise realizar unha andaina e xantar popular que se enmarca dentro da programación do centenario do Seminario de Estudos Galegos. A andaina discorrerá entre Compostela e Ortoño, emulando a andaina fundacional que realizaron algúns dos membros do Seminario de E ...

A Concellaría de Benestar Social, a través da Oficina do Voluntariado de Ames, pon en marcha unha nova edición do obradoiro de viticultura e horticultura. Actualmente xa está aberto o prazo para inscribirse nesta actividade que comeza o 9 de outubro e se vai impartir todos os luns, ás 20.00 ...

O Concello de Ames volve a colaborar unha vez máis coa asociación ANEDIA. Desta volta para acoller a presentación dun novo volume da colección “Os Bolechas, Amigas e amigos con diabetes”, un novo libro que fala de campamentos, de actividades cos amigos e tamén da tecnoloxía que está pr ...

A Aula da Natureza vén de presentar a programación de actividades para este outono. Durante os meses de outubro e novembro vai a realizar diferentes actividades relacionadas con produtos e costumes propias desta época do ano. Deste xeito ...

Do 2 ao 31 de outubro está aberto o prazo para que os centros educativos inscriban os seus equipos na XII edición do Club de Debate. O Club de Debate é unha actividade de dinamización lingüística dirixida a mozas e mozos de 3º e 4º da ESO, 1º de bacharelato ou dos ciclos formativos que c ...

O Goberno municipal conformado en solitario polo PSdeG vén de cumprir 100 días de traballo dende o pleno de investidura celebrado o pasado 17 de xuño. Durante estes primeiros meses de mandato o goberno xestionou novas áreas, sacou adiante importantes puntos no Pleno e estableceu pontes de com ...