Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 5 de outubro de 2022

NOVAS

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación do asfaltado das vías de acceso e dos interiores do núcleo das Punxeiras, na parroquia de Ortoño. As obras, parte do Plan Ames Progresa 2021-2023, foron adxudicadas á empresa Excavaciones Pose SL, por un importe de 169.279 euros. O prox ...

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado mes de setembro as contas xustificativas para proceder ao pagamento das axudas do Plan Ames Progresa, dirixidas ao mantemento do emprego e do tecido empresarial local. Deste xeito, aprobouse a concesión de 49.599,26 euros a 35 empresas e autónomos. As a ...

As actividades do último cuadrimestre do programa Apego de Ames continúan cunha sesión de narración oral, O xogo de Nano, protagonizada por Raquel Queizás e a ra Nano. Trátase dun conto musical para coñecermos o corpo ao ritmo da música e favorecer a adquisición da lingua, a comprensión ...

O Concello de Ames súmase ás conmemoracións polo Día Mundial contra a meninxite, que se celebra este mércores 5 de outubro, e iluminará a fachada da súa casa consistorial de verde no serán. A meninxite é unha enfermidade infecciosa, que se estima que afecta a unhas 12.000 persoas ao ano ...

AXENDA

O espazo colaborativo “A Proa” organiza para o mércores, 5 de outubro, ás 18.00 horas, unha nova actividade denominada “Taller de seguridade informática nas PEME”. Este obradoiro íase a impartir o pasado 16 de setembro, pero tívose que adiar. Deste xeito, tras un breve parón durante ...

“Xogando cos contos” é unha das propostas de animación á lectura infantil de outubro das bibliotecas de Ames. A sesión de contacontos, orientada á rapazada dos 3 aos 8 anos, fará tres paradas en cada unha das dúas bibliotecas do concello. No Milladoiro estará os días 4, 5 e 6 de outu ...

GALERIA

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o sábado 1 de outubro de 2022 a segunda edición da Feira do voluntariado e o Encontro intercultural de Ames baixo o lema “Sementando Voluntariado”. A xornada contou cunha gran participación por parte do tecido asociativo e da veciñanza amesá, q ...

DOCUMENTOS