Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 30 de setembro de 2024

NOVAS

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar o pasado 5 de setembro o expediente de licitación das obras de mellora da seguridade viaria dende O Mercuto ata O Vilar, ambos lugares pertencentes á parroquia da Ameixenda. O proxecto, que conta cun orzamento base de licitación de 205.673 euros (IVE in ...

A Corporación municipal aprobou a cuarta modificación do Plan estratéxico de subvencións, a primeira modificación do contrato do servizo de limpeza integral nas instalacións dos centros de educación infantil e primaria e escolas unitarias, o convenio e encomenda de xestión ao Concello de ...

O espazo colaborativo A Proa, no Milladoiro, acolleu o 30 de agosto e mailo 24 de setembro os “Encontros de liderado”, que forman parte do Ames AV LAB, o laboratorio amesán para impulsar a nova produción audiovisual. Nestas dúas xornadas participaron representantes das empresas que forman ...

O proxecto Apego continúa a súa programación de outono co espectáculo “Con lingua propia”, do clown galego Peter Punk, que terá lugar na Casa da Cultura de Bertamiráns o venres 4 de outubro, ás 18:00 horas. As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ...

A pasada fin de semana, os días 21 e 22 de setembro, celebrouse en Ribeira o Campionato Galego de Patinaxe Benjamín a Infantil. Neste evento, a patinadora Aroha Traba Castiñeiras, do CPA Omega e orixinaria de Ames, proclamouse subcampioa galega na categoría Alevín feminino. Este logro permit ...

AVISOS

Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.

AXENDA

O vindeiro 5 de outubro o Pazo da Peregrina acollerá o II Congreso Parto de Min, organizado pola Fundación Eomaia en colaboración co Concello de Ames. Será en xornada de mañá e tarde, de 10:00 a 20:00 horas, e nel abordaranse cuestións relacionadas co dereito das mulleres a dar a luz de fo ...