Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 3 de xaneiro de 2024

NOVAS

O Concello de Ames porá en marcha antes do 31 de marzo de 2024 unha Oficina de Transformación Comunitaria, que ofrecerá información, asesoría e acompañamento a todos aqueles axentes que desexen implementar unha comunidade enerxética local. Este proxecto conta cun orzamento de a 145.200 eur ...

Recentemente remataron e foron recepcionadas as obras que se executaron para humanizar a améndoa central de Bertamiráns. Este proxecto estivo cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020. A través de dita ...

A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación das obras de pavimentación dos viarios do núcleo de Framil, pertencente á parroquia de Biduído. As obras, incluídas dentro do plan POS+2023, foron adxudicadas á empresa Obras y Viales de Galicia SL por un importe total de 346.420 euros (IVE i ...

Melchor, Gaspar e Baltasar van pasar tres días no concello de Ames escoitando os desexos dos máis pequenos e enchendo a vila de maxia e ilusión. A Gran Festa de Reis comeza este mércores cunha Recepción Real nos pavillóns de Bertamiráns e do Milladoiro (que se repetirá ao día seguinte, o ...

Esta semana, os días 3 e 4 de xaneiro, o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá dous eventos solidarios, ambos enmarcados na programación municipal de Nadal. O día 3 de xaneiro a academia de danza Balancé representará “Mary Poppins el musical”, en beneficio das fundación ...

A Corporación municipal aprobou por unanimidade todos os puntos tratados no pleno ordinario de decembro. Deste xeito, foi aprobada a solicitude dunha subvención nominativa á Deputación provincial da Coruña para a execución das obras de creación dunha área de autocaravanas en Bertamiráns. ...

Desde o pasado 22 de decembro, e ata o vindeiro 5 de xaneiro, está a desenvolverse no Concello de Ames o programa de conciliación Nadal Lúdico. Esta oferta educativa e de ocio, organizada pola Concellería de Educación, e ...

AVISOS

O domingo 31 de decembro, dende as 8:00h ata as 16:00h, prohíbese a entrada de vehículos á praza do Concello, así como a entrada e saída de vehículos do garaxe sito na praza do Concello nº1.
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódense obter os menús das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.