Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 3 de outubro de 2023

NOVAS

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC), que está situada na Casa da Cultura do Milladoiro, organiza para os meses de outubro e novembro dous obradoiros de mecanografía: un dirixido a persoas de máis de 13 anos e outro para rapaces e rapaza de 8 a ...

O Concello de Ames colabora coa asociación ANEDIA na presentación dun novo volume da colección “Os Bolechas, Amigas e amigos con diabetes”. A presentación será este martes, 3 de outubro, ás 19.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. A través deste libro preténdese que ...

Esta mañá o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu o acto de clausura do obradoiro dual de emprego en enerxías renovables “Renova V” no que participaron durante 12 meses, 20 alumnos/as (15 de Ames e 5 de Brión). O acto estivo presidido polo delegado territorial da Xunta de G ...

A Corporación municipal aprobou por unanimidade, no pleno ordinario de setembro, a Conta Xeral de 2022. O Concello de Ames pechou o exercicio 2022 cun resultado orzamentario axustado de 838.056,53 euros e un remanente de tesourería de 8.042.107,22 euros, acadando unhas cifras de execución máx ...

Blas García e Lucía Calvo mantiveron un primeiro encontro institucional durante a xornada de hoxe para abordar os asuntos sobre os que se centrará a colaboración de Ames e Teo durante o vixente mandato. Foron acompañados nesta xuntanza polos concelleiros amesá e teense, Gustavo Nieto (Obras ...

O Concello de Ames, a través do Servizo de Normalización Lingüística, organiza a sexta edición do Premio Lingua e Empresa, que ten como obxectivo promover o uso do galego no ámbito empresarial local. Poden optar ao galardón todas as empresas con sede social ou centro de actividade en Ames. ...

Unha vez rematado o primeiro período de inscrición, a Concellaría de Deportes abre o prazo para anotarse nas prazas libres das Escolas deportivas municipais 2023/2024. As persoas interesadas poden xestionar a matrícula telematicamente a través da plataforma Cronos, no módulo “inscrición ...

O Concello de Ames de Ames foi elixido para posta en valor do programa do 2% cultural que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana destina ao financiamento de actuacións de rehabilitación do Patrimonio Histórico e que mobilizou preto de 8 millóns de euros en Galicia nos último ...

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (AMTIC) presentou esta mañá os novos cursos de informática para o desenvolvemento dixital no medio rural, que se van a levar a cabo durante os meses de outubro, novembro e decembro nas parroquias de Agrón, Trasmonte, Bugallido, ...

AVISOS

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, ten aberto un prazo extraordinario para novas inscricións na Escola Municipal de Teatro de Ames. Os interesados en obter praza deben cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na Sede elec ...
A Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde organiza, un ano máis, as clases de taichi tradicional e de chi king, que se enmarcan dentro do novo curso da Escola de Saúde. Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso podes descargar os documentos de asignación de prazas, trala realiz ...
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódense obter os menús das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.