Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 28 de febreiro de 2024

NOVAS

Esta mañá o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu o acto de apertura da edición 2023-2024 do programa integrado de emprego dos Concellos de Ames e Brión. En dito acto participaron o alcalde de Ames, Blas García, e mailas concelleiras de Promoción Económica e Emprego dos Conc ...

A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación do Milladoiro (AMTIC), que está situada na Casa da Cultura do Milladoiro, organiza un curso básico de informática para a adaptación dixital. Será a partir do 11 de marzo, os luns e os mércores en horario de 10:00 a 12:00 horas ...

O Concello de Ames propón para este venres teatro dirixido a público adulto. A programación cultural de 2024 continúa o venres, 1 de marzo, ás 20:30 horas, coa obra de teatro “Hamelin”. O espectáculo, producido por Redrum Teatro, está dirixido a un público adulto e nel se aborda a ped ...

AVISOS

O Concello de Ames, a través do departamento de Persoal, fai públicos os anuncios publicados no BOP de catro procesos selectivos para cubrir as prazas de estabilización de emprego temporal incluídas na oferta de emprego público de 2022 por concurso-oposición.

AXENDA

O xoves 7 de marzo, Alfredo Conde presenta no Pazo da Peregrina de Bertamiráns "A conto do político", da editorial Ézaro. A obra, organizada por décadas, comeza contextualizando a carreira cultura e literaria do  autor para, posteriormente, facer un balance do paso de Conde pola polític ...

GALERIA