Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 27 de xuño de 2022


AVISOS
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa de que están expostas as listas definitivas de nenos/as admitidos e excluídos no programa municipal da Escola de Verán 2022. Este servizo está dirixido aos nenos e nenas de Ames que durante o prazo de inscrición estiveran esco ...
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa sobre as listaxes de admitidos e excluídos dos nenos e nenas que renovaron as prazas de Bos Días Cole, Comedor e Tardes Divertidas para o próximo curso 2022/2023. Para comprobar a súa renovación debe localizar o número de rex ...
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderán obter os menús das Escolas Infantís de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.

NOVAS

A Escola Municipal de Teatro de Ames vén de celebrar esta semana dúas mostras de fin de curso, na  o que o seu alumnado puido gozar dunha serie de actividades e de representar varias obras adaptadas ante un amplo público, formado especialmente por familias e amizades dunha futura xeració ...

O alcalde de Ames, Blas García, acompañado do concelleiro de Urbanismo e Administración Xeral, Víctor Fernández, e da concelleira de Mobilidade, Beatriz Martínez, visitaron esta semana a sala de pediatría do antigo centro de saúde do Milladoiro na que se están executando obras na actuali ...

A localidade de Bertamiráns é o punto de partida do último tramo do Camiño de Santiago da Ría Muros Noia. Este camiño, que conxuga mar e montaña, ofrece a posibilidade de realizar unha peregrinación marítima, para o que hai que realizar 90 millas náuticas e 12 quilómetros a pé. Para m ...

Achégase a noite máis longa do ano, o 23 de xuño, a véspera de San Xoán. E como manda a tradición esta festividade celébrase saltando as tan típicas cacharelas e comendo a sardiñada que soe acompañar. Este ano concedéronse un total de 271 permisos para realizar cacharelas na noite do 2 ...

O Club de patinaxe artística Omega, do Milladoiro, e o Club de patinaxe Sarela, de Bertamiráns, organizan este venres 24 de xuño a décimo primeira edición do Encontro de escolas deportivas municipais de patinaxe artística Concello de Ames, no que colabora o propio Concello. No evento, que s ...

O espazo colaborativo “A Proa” organiza para o mércores, 29 de xuño, ás 18.00 horas, unha nova actividade denominada “Todo sobre as axudas para autónomos”. Falarase sobre as axudas para autónomos, os requisitos para solicitalas e a información de interese para os usuarios do coworki ...

Dende este xoves 23 e ata o domingo 26 de xuño, a parroquia de San Xoán de Ortoño celebra as festividades do seu patrón, arrincando esta mesma xornada cunha sardiñada, unha queimada e a actuación do grupo Fusión. No seu conxunto, durante os vindeiros días haberá unha serie de misas e pro ...


AXENDA

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves 23 de xuño en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. Será en horario de tarde, de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das pers ...