Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 27 de agosto de 2024

NOVAS

Os concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón programan para o sábado 14 de setembro unha saída pola ruta rosaliana que transcorre polos lugares máis emblemáticos da vida de Rosalía de Castro e o seu legado literario. Trátase dun itinerario que segue o trazado orixinal proposto por Avelino ...

Este xoves, 29 de agosto, a praia fluvial de Tapia acollerá a sétima e derradeira xornada dos Seráns de Ames. Esta iniciativa, que se desenvolveu durante os meses de xullo e agosto, acolle nesta ocasión o espectáculo do monologuista Manolo Boquete, ás 19:00 horas.

AVISOS

O departamento de Educación do Concello de Ames fai públicas as listaxes definitivas de crianzas admitidas e excluídas no programa de conciliación Setembro Lúdico 2024, para a EEI do Milladoiro, o CEP de Ventín e o CEIP A Maía.
No verán tamén hai espazo para facer deporte. Durante o mes de agosto desenvolverase a actividade “Camiñando no solpor”. A terceira e derradeira andaina será este xoves, 29 de agosto, en Bertamiráns. O punto de encontro será o centro de saúde, ás 20:00 horas. Recoméndase que as persoas ...