Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 22 de maio de 2024

NOVAS

O espazo colaborativo A Proa, no Milladoiro, acolleu este luns a presentación dos quince proxectos seleccionados para formar parte do Ames AV LAB, o laboratorio amesán para impulsar a nova produción audiovisual. No acto, ao que acudiron representantes do Concello de Ames e de dúas empresas in ...

O Concello de Ames, a través das Concellarías de Medio Ambiente e de Xuventude, abre o prazo de matrícula para o programa de campamentos municipais de verán 2024. As familias dos nenos/as e mozos/as que dispoñen de praza poden facer a matrícula dende mañá, día 22, ata o 31 de mai ...

Esta semana celebrouse na Coruña a Karate 1 Youth league, a liga mundial de karate, na que participou un deportista da escola amesá Dokkodo.

A unidade móbil de doazón de sangue estará o mércores 29 de maio no Milladoiro, na Travesía do Porto (ao carón do Novo Centro de Saúde). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a segurid ...

AVISOS

O Concello de Ames, a través das Concellarías de Medio Ambiente e Xuventude, informa sobre o resultado do sorteo de prazas para participar no programa municipal de Campamentos de verán 2024. Unha vez publicadas as listas definitivas e mailas listas co resultado do sorteo, a partir do 22 de maio p ...
Un equipo da Policía Nacional vaise desprazar a Ames co obxectivo de facilitar a renovación ou expedición do Documento Nacional de Identidade electrónico (DNIe) á veciñanza. Tras a primeira fase de recepción dos cidadáns e da documentación, que se fará o día 20 de xuño, os integrantes do ...