Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 17 de xullo de 2023

NOVAS

O programa integrado de emprego 2022 - 2023 dos Concellos de Ames e Brión comezou no pasado mes de novembro de 2022. Na actualidade van a comezar a impartirse os itinerarios sectoriais de comercio/loxística e de turismo.  Nesta edición o programa está dirixido a 100 persoas desempregadas ...

O alcalde de Ames, Blas García, envioulle esta xoves, 13 de xullo, unha carta dirixida ao conselleiro de Educación, Román Rodríguez, para solicitarlle unha xuntanza de traballo co obxectivo de trasladarlle as necesidades educativas existentes nos CEIP de Barouta, A Maía, Agro do Muíño e na ...

A Xunta de Goberno Local de Ames vén de aprobar, o xoves 13 de xullo, o expediente de contratación das obras de pavimentación dos viarios do núcleo de Framil, así como un dos seus accesos, por importe de 363.357,59 euros. O proxecto forma parte do plan POS+2023.

O prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Setembro Lúdico” está aberto ata o día 17 de xullo. Dito programa desenvolverase este ano nos días 1, 4, 5, 6, 7 e 8 de setembro. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedores e Bos Días. Poderán ...

AVISOS

Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódense obter os menús das escolas infantís municipais de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.