Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 17 de outubro de 2022

NOVAS

Esta mañá o alcalde de Ames, Blas García, e mailo director xeral de Tecalis, Isidoro Martínez, presentaron o proxecto Tecalis Avatar Identity Technology na sexta edición de Innpulso Emprende que se celebrou en Valencia. Trátase do evento máis representativo da Rede Innpulso, que ten como o ...

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 22 de setembro o expediente de licitación das obras de mellora na pavimentación das rúas Bosque e Acacias da urbanización Peregrina, situada ao norte do núcleo urbano de Bertamiráns. O proxecto, parte do Plan Ames Progresa 2021-2023, conta cun orzam ...

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 17 de outubro no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protoco ...

A Concellaría de Cultura prosegue en outubro co Ciclo Mestre Mateo, coa proxección do filme “Malencolía”, nominado na categoría de mellor longametraxe nos XX Premios Mestre Mateo e premiada nas categorías de interpretación de reparto feminina e masculina. A película conta a historia de ...

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle do 13 ao 20 de outubro a exposición fotográfica “100 Lugares Máxicos do Camiño”. A mostra recolle algunhas das instantáneas incluídas no libro homónimo, que será presentado o próximo luns 17 de outubro no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, ás 2 ...

Dende hoxe venres 14, e ata o venres 28 de outubro de 2022, está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación “Nadal Lúdico”, que se desenvolverá os días 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro de 2022, e os días 2, 3, 4 e 5 de xaneiro de 2023. Poderán participar aquelas fami ...

AVISOS

A Carreira Pedestre Popular Concello de Ames volve na que é xa a súa vixésimo primeira edición, despois de dous anos de paro obrigado pola situación epidemiolóxica. A proba, que se desenvolverá o próximo domingo 23 de outubro, contará cun circuíto de 10 quilómetros homologado pola Real Fe ...
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.

AXENDA

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción da Saúde, informa de que unha unidade móbil do programa “Coidados porta a porta” estará os días 11, 13, 14 e 17 de outubro na praza de Chavián, en Bertamiráns, no lateral do centro de saúde. Trátase dun programa da Xunta de G ...