Pestanas principais

Novas e avisos do Concello de Ames, 1 de outubro de 2024

NOVAS

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu esta mañá a presentación do partido de cuartos de final da XVIII Copa Galicia de fútbol sala feminino, que vai enfrontar ao F.C. Meigas co Pescado Rubén Burela. Dito encontro disputarase este mércores, 2 de outubro, ás 21.00 horas, no pavilló ...

O pasado venres, 27 de setembro, a Concellería de Deportes organizou por sexto ano consecutivo o Día do Deporte, unha proposta que busca promover o deporte e a actividade física entre a veciñanza amesá. Durante esta xornada, que se desenvolveu na área deportiva do Milladoiro,  houbo un ...

Dentro da súa programación para o último trimestre do ano, a Aula AMTIC ofrece cursos de informática para o desenvolvemento e capacitación dixital no medio rural. Levaranse a cabo durante desde outubro ata febreiro de 2025 nas parroquias de Agrón, Trasmonte, Bugallido, Biduído, Ortoño, Ta ...

AXENDA

Durante o mes de decembro, co obxectivo de preparar o Nadal, a Aula da Natureza propón un obradoiro dirixido aos adultos o sábado 14, no que os particpantes aprenderán a elaborar candeas aromáticas vexetais.

Durante o mes de decembro, co obxectivo de preparar o Nadal, a Aula da Natureza propón un obradoiro dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos o sábado 7, no que a rapazada aprenderá a elaborar bonecos de madeira.

A cuarta edición da feira Tanto Monte / Monte Tanto está prevista para os días 23 e 24 de novembro no campo da festa de Trasmonte. Trátase dun evento co que se pretende valorizar e difundir a importancia social, ambiental, cultural e económica do monte. Haberá expositores de mel, cogomelos, ...

Dentro da programación de outono, a Aula da Natureza inclúe unha ruta teatralizada polas Fragas do Tambre o domingo 17 de novembro. O percorrido, de 4 quilómetros, arrancará na aldea de Oca e discorrerá pola capela do Corpiño e preto do río Tambre, rematando no Pazo de Lens. Ao remate serv ...

O sábado 30  de novembro, de 10:00 a 14:00 horas, a Aula da Natureza organiza un obradoiro de preparación do Nadal de xeito natural dirixido a público adulto. Nel os participantes aprenderán a elaborar encurtidos e escabeches.

O sábado 16 de novembro, de 11:00 a 18:00 horas, a Aula da Natureza organiza un obradoiro de elaboración artesanal de chourizos dirixido a público infantil. A programaci ...

O sábado 5 de outubro, de 10:00 a 14:00 horas, a Aula da Natureza organiza un obradoiro de conservas de froitas dirixido a público adulto. Nel os participantes aprenderán a elaborar marmeladas, confituras e chutneys.

Co fin de difundir o curioso mundo dos fungos e de amosar as paisaxes de Ames, a Aula da Natureza organiza tres saídas didácticas polos montes do concello. A última saída será o sábado 23 de novembro cunha saída de 10:00 a 14:00 horas. Durante esa fin de semana, os días 23 e 24 de novembr ...

Co fin de difundir o curioso mundo dos fungos e de amosar as paisaxes de Ames, a Aula da Natureza organiza tres saídas didácticas polos montes do concello.  O domingo 3 de novembro haberá unha saída en horario de 11:00 a 18:00 horas. A última saída será o sábado 23 de novembro cunha ...

Co fin de difundir o curioso mundo dos fungos e de amosar as paisaxes de Ames, a Aula da Natureza organiza tres saídas didácticas polos montes do concello. A primeira saída será o domingo 6 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 horas.  O domingo 3 de novembro haberá unha nova saída, ...