Pestanas principais

Novas e avisos de Ames do 8 de xullo de 2021

AVISOS
O Concello de Ames informa sobre os casos activos por Covid-19 no municipio. Segundo se traslada dende a Xerencia da Área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza o número de casos activos por Covid-19 en Ames é de 35. A incidencia acumulada a 7 días é de 44 casos, mentres que a incidenci ...

NOVAS

O rock galego dáse cita o vindeiro 30 de xullo no Milladoiro da man da décima edición do Millarock. Nesta ocasión, subiranse ao escenario os grupos Desequilibrio Mental, Terbutalina e Bala. Organizado pola consellaría de Cultura do Concello de Ames, este evento musical xurdiu co obxectivo de ...

A Aula da Natureza do Concello de Ames organizou para o vindeiro sábado, 10 de xullo, unha visita á Costa Ártabra. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo auladanatureza@concellodeames.gal.

O 8 de xullo celébrase o Día Mundial da Alerxia, unha doenza que afecta a millóns de persoas en todo o mundo. O Concello de Ames súmase á campaña de iluminar os seus edificios públicos de cor azul co obxectivo de previr e concienciar á poboación sobre as enfermidades alérxicas.