Pestanas principais

Novas e avisos de Ames do 4 de xaneiro de 2022

AVISOS
Dende o 3 ata o 18 de xaneiro de 2022 está aberto o prazo para inscribirse no programa de conciliación da vida laboral e familiar “Entroido Lúdico” que se desenvolverá os días 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo. A través deste programa, o Concello de Ames procura axudar ás familias a compati ...
Dende a Concellaría de Mobilidade infórmase de que está arranxado o fallo detectado nos semáforos da avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro. O pasado mércores, 29 de decembro, detectouse dito fallo. De seguido, dende a Concellaría de Mobilidade trataron de darlle solución a dita inciden ...
Con data de hoxe, luns 3 de xaneiro, A Concellaría de Educación anunciou á volta á actividade habitual da Escola Infantil Municipal A Madalena, situada no Milladoiro. As familias xa foron notificadas da reapertura do centro, que volve ao seu normal funcionamento tras dúas semanas de peche.

NOVAS

O Concello de Ames recorda que aínda quedan prazas para acudir á recepción ás Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar, este martes 4 e mércores 5 de xaneiro. Os Reis Magos estarán nos pavillóns polideportivos de Bertamiráns e do Milladoiro para que cada nena, neno ou persoa adulta poi ...

Mañá, martes 4 de xaneiro, remata o prazo para mercar os bonos culturais da programación de cultura de Ames para a primeira metade de ano. Os 20 bonos que puxo á disposición da veciñanza a Concellaría de Cultura, cun prezo de 30 euros, permiten acceder aos doce espectáculos para público ...