Pestanas principais

Novas e avisos de Ames do 30 de novembro de 2021

AVISOS
Dende o Concello de Ames infórmase de que este luns, 29 de novembro, comezou a primeira fase das obras de mellora do firme da avenida da Maía. Ditos traballos estanse executando con normalidade e está previsto que mañá martes, 30 de novembro, xa se poida executar a segunda fase de ditas obras. ...
No enlace que está ao pé podes consultar a resolución das alegacións presentadas aos resultados da proba tipo test do proceso selectivo de técnico ou técnica de contratación, vinculado ao programa Ames Progresa.

NOVAS

As xornadas de Igualdade e prevención da violencia de xénero en Ames, “Acércate”, que organiza a Concellaría de Igualdade, acadan este ano a súa XI edición. Celebraranse o sábado, 4 de decembro na Casa de Cultura de Bertamiráns e contarán, como convidada, con Lola Vendetta, alter ego ...

Co avance da vacinación e a evolución epidemiolóxica volveron as actividades grupais aos colexios e institutos amesáns, cos que a Aula da Natureza está colaborando nestas últimas semanas. O IES de Ames, o CEIP de Barouta e a Escola Unitaria de Covas son os centros nos que traballou a Aula, ...

Olaxonmario, O Son das Ideas, Neeumatiko, Pablo Rodríguez Vila, Toxío, AstroXabi, Cousas RarismASMR, Cousxs, Xacobo de Toro, Recuncho Gamer e Orgullo Galego levan os galardóns deste 2021. Youtubeiras é unha iniciativa organizada polos servizos de Normalización Lingüística dos concellos da ...