Pestanas principais

Novas e avisos de Ames do 27 de setembro de 2021

NOVAS

A Xunta de Goberno Local aprobou

O GDR “Terras de Compostela”, en colaboración co concello de Ames, organiza un curso para dar a coñecer aos profesionais da hostalería as novas medidas hixiénico sanitarias que veñen de poñerse en marcha no sector. O curso desenvolverase o martes, 28 de setembro, entre ás 17:00 e as 21 ...

O establecemento de turismo rural “As Bentinas” de Ventín, o Albergue de Peregrinos de Milladoiro, a empresa de turismo de aventuras “Amextreme” e a axencia de viaxes “Alma Gaia”, dedicada ao turismo de sensacións, recibiron este ano o selo do Sistema Integral de Calidad Turística ...

“O país das bandas” chega a Ames este domingo 26 de setembro. O Ateneo Musical de Negreira será a encargada de amenizar a xornada dominical. A actuación terá lugar ás 13:00 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns. Para asistir será por orde de chegada ata completar aforo.

AVISOS

A venda das tarxetas da campaña Merc@mes trasládase durante a mañá do mércores 29 de setembro ao anexo da Casa da Cultura de Bertamiráns.
O Concello de Ames convocou unha bolsa de formación para realizar prácticas formativas no Servizo de Normalización Lingüística titorizadas polo persoal técnico municipal. A bolsa, dun ano de duración, está dirixida a persoas graduadas en Lingua e Literatura Galegas. O prazo para a presentaci ...