Pestanas principais

Novas e avisos de Ames do 24 de xaneiro de 2022

AVISOS
A nova edición dos “Encontros Literarios en Ames” terá lugar finalmente este mércores 26 no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 20:00 horas. Nesta ocasión, presentarase o Caderno Ramón Piñeiro número 44, unha obra colectiva dedicada a celebrar a obra da autora Xela Arias, ho ...
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderán obter os menús das Escolas Infantís de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
O departamento de Educación informa de que os recibos correspondentes ao pasado mes de decembro de 2021, dos servizos complementarios de conciliación Bos Días Cole, Comedor e Tardes Divertidas, serán cargados na entidade bancaria correspondente a partir do vindeiro xoves 27 de xaneiro.

NOVAS

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publica hoxe, venres 21 de xaneiro, as bases reguladoras e a convocatoria das últimas subve ...

Logo dun breve paréntese por mor das festas de Nadal, a radio municipal retomou a emisión dos programas radiofónicos realizados pola veciñanza. Así, xa podemos seguir escoitando os 12 programas que forman parte da grella de Ames Radio ata o próximo mes de xuño. Neles, abórdanse temas tan ...

As bibliotecas municipais amesás celebran un novo encontro literario co fin de presentar o Caderno Ramón Piñeiro número 44, unha obra colectiva dedicada a celebrar a obra da autora Xela Arias, homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2021. Será o vindeiro mércores 26 de xaneiro, ás 20:00 ...