Pestanas principais

Novas e avisos de Ames do 22 de novembro de 2021

NOVAS

A concelleira de Benestar Social e Promoción da Saúde, Luísa Feijóo, presentou esta mañá os obxectivos de Ames para o 2022 en materia de prevención da saúde, co gran reto de traballar con maior profundidade no campo da saúde mental. “A nosa intención é seguir traballando neste eido e ...

Operativo e funcional. Un edificio que responda as actuais necesidades do municipio e que esteticamente manteña o vínculo co actual. Estas son as premisas sobre as que se elaborará o anteproxecto de ampliación da Casa do Concello, segundo o determinaron o alcalde, Blas García, o concelleiro ...

A Concellaría de Cultura de Ames remata o ciclo de Cinema Documental programado durante este mes de novembro coa proxección de “As silenciadas”, unha película dirixida por Pablo Ces e con guión de Aurora Marco e do propio Ces. Será na Casa da Cultura de Bertamiráns, este mércores 24 de ...

AVISOS

Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús da Rede de Comedores Escolares (Almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
O Departamento de Educación avisa a todos os usuarios dos servizos de conciliación Bos Días, Comedor e Tardes Divertidas que os recibos correspondentes ao mes de outubro serán cargados na entidade bancaria correspondete a partir do 25 de novembro.
A concellaría de Educación informa que xa están dispoñibles as axudas para as ANPAS do exercicio 2020- 2021. O prazo para a presentación de solicitudes remata o vindeiro 19 de decembro.
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús das Escolas Infantís de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.