Pestanas principais

Novas e avisos de Ames do 20 de setembro de 2021

NOVAS

O luns, 20

O Servizo de Normalización Lingüística de Ames, en colaboración coa Aula da Natureza, acaba de presentar a I Ruta do Apego, unha intervención nun tramo da ruta das Ribeiras do Tambre situado nos lugares de Lens e Oca. Ten como obxectivo estimular nas crianzas o coñecemento e a querencia pol ...

A Policía Local de Ames vai participar na Campaña da DXT de “Vixilancia e control de distraccións ao volante”. A campaña vaise levar a cabo entre o 16 e o 23 de setembro. Os estudos apuntan que as principais distraccións ao volante son o uso do teléfono móbil, empregar navegadores e fu ...

O IES do Milladoiro e o IESP de Ames retomaron a actividade. Uns 1300 alumnos e alumnas do concello de Ames deron comezo un novo curso escolar que segue a estar marcado pola COVID-19. O concelleiro de Educación, David Santomil, quixo darlles a benvida e desexarlles un ano académico cheo de logr ...

A andaina saudable pola Senda Verde que une as localidades de Bertamiráns e do Milladoiro forma parte das actividades programadas co gallo da III Semana Europea da Mobilidade. Desenvolverase o domingo, día 19 de setembro a partir das 10:00 horas, con saída da igrexa de San Xosé do Milladoiro. ...

DOCUMENTOS

 

AVISOS

Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús da Rede de comedores escolares. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús das Escolas Infantís O Bosque e A Madalena. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
O Scape Room programado para o sábado, 25 de setembro, pola Concellaría de Mocidade xa está completo. As prazas para participar no Trouleando deste mes de setembro esgotáronse e confeccionouse unha listaxe de agarda para participar no Scape Room do laberinto do Millo en A Torre, Cacheiras.