Pestanas principais

Novas e avisos de Ames do 16 de agosto de 2021

NOVAS

O Concello de Ames realiza ao longo do ano unha ampla programación de actividades a través das Bibliotecas Municipais do Milladoiro e Bertamiráns. Esta programación ten como obxectivo animar á  lectura a nenos e maiores e fidelizar novos usuarios e usuarias. A pedra angular desta progra ...

Os Seráns de Tapia volveron ao seu espazo natural e engaiolaron ao público cunha sesión de poesía escénica. A segunda sesión do mes de agosto completou o aforo, como xa vén sendo habitual. A contorna das ribeiras do Tambre brillou cos versos, as poesías e a música de Lúa Mosquetera, Pom ...

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 16 e martes 17 de agosto no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce con Rosalía de Castro. O luns estará só de tarde, entre as 15.30 e as 21.00 horas. O horario do martes será de mañá e de tarde, de 9.30 a 14.30 horas e de 15.30 a 21.00 ho ...

AVISOS

O Concello de Ames informa sobre os casos activos por Covid-19 no municipio. Segundo se traslada dende a Xerencia da Área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza o número de casos activos por Covid-19 en Ames é de 152. A incidencia acumulada a 7 días é de 181 casos, mentres que a inciden ...
O Concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica, abriu o pasado 16 de xullo o prazo para que novos establecementos comerciais se adheriran á campaña de tarxetas bono “Reactiva Ames”. O prazo para inscribirse permanecerá aberto ata este domingo 15 de agosto e, tan só, t ...