Pestanas principais

Novas e avisos de Ames do 14 de decembro de 2021

AVISOS
Dende o Concello de Ames infórmase de que este mércores 15 e mailo xoves, 16 de decembro, está previsto que se realicen os traballos de pintado do firme da avenida da Maía, en Bertamiráns. Estes traballos realízanse despois de que entre o 29 de novembro e o 3 de decembro se executasen os traba ...
No enlace que está ao pé pódese consultar a convocatoria ao segundo exercicio (proba práctica) para a cobertura dunha praza de oficial xardiñeiro mediante promoción interna.

NOVAS

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, abordou hoxe co alcalde de Ames, Blas García, a mellora da rede de saneamento do municipio e, en concreto, a ampliación da EDAR de Sisalde. Ademais, tratouse a ampliación do centro de saúde de Bertamiráns; a construción dun Centro de Día de a ...

Tras un ano de parón por mor da situación epidemiolóxica derivada da Covid-19, Bertamiráns acolleu este domingo, 12 de decembro, unha nova edición da tradicional Carreira Ciclista do Pavo. Gustavo César Veloso quedou en primeira posición, seguido de Rubén Fandiño e Jacobo Ucha, que foron ...

Esta mañá foi presentada a terceira edición do concurso de fotografía “Ilumina o teu sorriso”, organizado polas tres asociacións de comerciantes e empresarios amesás, e coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica, Rueiro Clínica Dental e o estudo Javier Troitiño Fotógr ...

Xa é posible inscribirse na nova actividade do programa Apego de Ames, "Música Miúda: en concerto!", un espectáculo musical en directo para toda a familia no que van da man a lingua, a igualdade, a diversidade e a inclusión. O concerto, con aforo limitado, terá lugar na Casa da Cultura de B ...