Pestanas principais

Novas e avisos de Ames do 13 de decembro de 2021

AVISOS
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderán obter os menús das Escolas Infantís de Ames para esta semana. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.

NOVAS

O alcalde de Ames, Blas García, será recibido mañá, 13 de decembro, nas dependencias de San Caetano polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Trátase dunha xuntanza de traballo que foi solicitada polo rexedor amesán trala súa toma de posesión como alcalde no pasado mes ...

A Xunta de Goberno Local adxudicou as obras de mellora dos camiños interiores de Ortoñiño e As Cortes, ambos lugares pertencentes á parroquia de Ortoño. As actuacións comprenden a mellora do pavimento e obras de drenaxe e sinalización. Os traballos foron adxudicados á empresa Construccion ...

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde dálle continuidade ao programa municipal de Andainas Saudables coa segunda etapa do “Xiro dos Montes de Compostela”. Esta ruta que se realizará o vindeiro sábado, 18 de decembro, é a continuación da ruta realizada o 20 de novembro ...

A empresa SYR-AMG SL será a encargada de executar a obra para a reforma dos vestiarios do campo de fútbol de Bertamiráns. O presuposto de adxudicación das obras ascende a 81.771,99 euros (IVE incluído). As obras inclúen melloras nos accesos, baños, vestiarios, o cambio de uso da oficina a ...

As Bibliotecas Municipais de Ames xa arrincaron parte do seu programa para o mes de Nadal, con talleres, encontros e os libros como protagonistas. Ás actividades de animación á lectura para a rapazada, coas inscricións xa abertas, engádenselle o último encontro literario do trimestre, con X ...