Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 9 de xuño de 2021

AVISOS
Do 14 ao 25 de xuño estará aberto o prazo de renovación na Escola Municipal de Música de Ames, para os alumnos/as que estiveron matriculados este curso.

NOVAS

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, organiza a segunda Festa do Apego de Ames, que se celebrará o sábado 19 de xuño. As actividades desenvolveranse no Pazo da Peregrina. Haberá teatro infantil, contos, concertos, xogos e moitas actividades máis. Ade ...

O pazo da Peregrina acolle o xoves, 10 de xuño, ás 20:30 horas, a presentación de “Estrita necesidade”, unha obra escrita por Carlos Negro e ilustrada por Benxamín Otero . O traballo é unha  homenaxe á xeración dos pais da posguerra. Ao acto, presentado pola concelleira de Cultura ...