Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 9 de xuño de 2020

NOVAS

O Concello de Ames aprobou, a través de decreto de Alcaldía, as bases da convocatoria de axudas para as actividades realizadas polas ANPAS dos centros educativos amesáns ao longo do exercicio 2018. A contía máxima destinada a esta convocatoria de axudas ascende a 20.000 euros. As solicitudes ...

O programa "En Ames, Naturalmente" busca que as nenas e nenos volvan a relacionarse con persoas da súa idade a través da natureza. Os campamentos, que se realizarán en diferentes quendas entre os meses de xuño e xullo nas instalacións da Aula da Natureza do Concello de Ames, ...

O roupeiro municipal abriu o pasado 11 de maio as súas portas para facer fronte ás necesidades urxentes de roupa e aveños da nosa veciñanza. Agora, tamén se pode entregar roupa para abastecer o roupeiro, pero sempre solicitando cita previa para facelo con todas as condicións ...

AVISOS

Dende a Concellaría de Educación informan de que seguindo instrucións da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, comunícase que as escolas infantís municipais EIM O Bosque e EIM A Madalena, así como as escolas infantís da Rede Galiña ...