Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 5 de xuño de 2020

NOVAS

Unha delegación do Concello de Ames, encabezada polo alcalde, José Miñones, e a concelleira de Promoción Económica, Ana Paz, visitou as instalacións do centro de coworking do Pazo de Arenaza, no concello de Oleiros. O goberno municipal de Ames inicia así unha rolda de visitas a diferentes ...

A Xuntanza de Empresarios de Ames colabora co departamento de Voluntariado do Concello de Ames, que é dependente da Concellería de Benestar Social, nunha campaña de recollida de alimentos para o Banco de Alimentos de Ames. Todas as persoas que queiran participar poden deixar os seus alimentos ...

O departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ames, programa, a través de Apego, un obradoiro virtual de estimulación temperá, musical e lingüística para o próximo venres 12 de xuño. O obradoiro, impartido por Leticia Falcón, desenvolverase en diferentes horarios segundo a ...

AVISOS

O Concello de Ames informa que dende o momento da reapertura dos servizos presenciais de atención ao público, os cidadáns que desexen acudir a algunha xerencia do Catastro deberán obter con antelación unha cita previa para poder ser atendidos.