Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 5 de agosto de 2019

AVISOS
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús das Escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.

NOVAS

A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar a empresa ADD4U Soluciones para gestión y desarrollo SL, por 168.696,56 euros, o contrato de servizos para o deseño e implantación da Administración Electrónica. O orzamento base da licitación era de 181.394,15 euros, polo que a empresa adxudicatar ...

A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves, 1 de agosto, a adxudicación das obras de construción de dous anfiteatros para a mocidade en Bertamiráns e O Milladoiro. Os proxectos foron adxudicados a empresa López e Leis S.A. por un importe total de 47.190 euros (23.595 euros cada anfiteatro). ...

As festas da Madalena do Milladoiro serán 4 días repletos de actividades e actuacións, que comezarán este venres coa novena edición do festival Millarock. Ademais, este ano como novidade, antes do comezo do festival, ás 20.15 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, haberá un ...

Gabriel Martínez Pachón, padexeiro do Club de piragüismo Ribeiras do Tambre, está participando no Campionato do Mundo de Sprint Júnior 2019, que se celebra do 1 ao 4 de agosto na localidade de Pitesti (Romanía). Gabriel Martínez participa neste campionato do Mundo na súa proba favorita, o ...