Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 4 de novembro de 2019

NOVAS

O Concello de Ames está a cumplir co convenio asinado coa Consellaría de Sanidade para a realización das obras do novo centro de saúde do Milladoiro. O pasado 16 de outubro finalizouse a execución da rede de abastecemento de auga e a rede de pluviais que da servizo á parcela desta nov ...

A Mostra de Teatro Afeccionado de Ames, organizada pola Concellería  de Cultura de Ames xunto coa Deputación da Coruña, volve un ano máis coa representación de distintas pezas teatrais os días 8, 15 e 30 de novembro, cunha última sesión o 15 de decembro. Serán representadas nos dife ...

Esta mañá celebrouse unha nova sesión da Xunta de Goberno Local na que se aprobou a clasificación de ofertas e requerimento de documentación para a adxudicación do expediente de subministro, instalación, conexión, mantemento e desmontaxe do alumeado de Nadal e outros elementos decorativos ...

O concelleiro de Transición Ecolóxica, Medio Rural e Turismo, Manuel Lens, e a técnica de Turismo do Concello de Ames, Sonia Moure, participaron esta semana nunha xuntanza con representantes da Deputación da Coruña e do Concello de Brión para a posta en marcha dos actos de conmemoración da ...

Coa chegada do Samaín chega o medo, e para perdelo bo é unha sesión de contacontos cun dos mellores contadores deste país: Celso Fernández Sanmartín. O seu relato de “O home do saco e outros contiños de menos medo” terá lugar o vindeiro venres 8 de novembro, no Pazo da Peregrina de Be ...

O Parque Empresarial do Milladoiro volve a ser protagonista cunha nova edición do seu certame de fotografía comercial. O “Certame de Fotografía Comercial Parque Empresarial de O Milladoiro” ten como obxectivo a realización de imaxes de calidade e de enfoque comercial sobre o parque empres ...

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Administración Xeral, vén de poñer en marcha un novo procedemento administrativo para que os veciños e as veciñas individualmente, e/ou as entidades veciñais inscritas no rexistro municipal do Concello de Ames, poidan intervir nas sesións do ...

A Xunta de Goberno Local ven de aprobar o expediente de licitación, para a contratación dunha operación de préstamo, por importe de 312.127 euros, para o financiamento de actuacións incluídas dentro do Plan Impulsa Ames, da EDUSI. Estas actuacións teñen un custe total de 1.248.509,12 euro ...

Durante os meses de novembro e decembro a Aula CeMIT de Ames da comezo a unha programación na que, ademais de seguir co ciclo de Ofimática, inicia outros cursos de formación tecnolóxica en diversos ámbitos: móbiles,  administración electrónica, edición de imaxes ou compras seguras a ...

Este xoves, 31 de outubro, realizarase o pleno ordinario do mes de outubro no que a Corporación municipal debaterá sobre a aprobación do expediente de licitación do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Ames. Tamén se tratará a revisión ordinaria do canon principal e do canon da ampliac ...

Un grupo de 20 persoas participou, durante este mes de outubro, nunha nova edición do obradoiro de lingua e cultura “En galego, co teu acento!” que se desenvolveu no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. A través desta actividade, dirixida a persoas de fóra de Galicia, pretendeuse que os/as ...

Este domingo deuse por clausurada a décimo cuarta edición do Festival de Maxia de Ames, que se desenvolveu dende o luns 21 ao domingo 27 de outubro. O festival, organizado polo Concello de Ames en colaboración coa Deputación da Coruña e Abarajar Producciones, contou con arredor de 1.000 asis ...

AVISOS

Premendo nos enlaces que están a baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús da Rede municipal de comedores escolares para esta semana, así coma suxestión para as ceas. Ademais, para equilibrar a dieta diaria de todos os nenos e nenas de Ames a nutricionista prepara un menú cos almor ...
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús das Escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
A Escola Municipal de Música de Ames, dependente da Concellería de Cultura, abre un prazo de inscrición extraordinario con motivo do inicio do curso 2019/2020. Desta maneira preténdese dar outra oportunidade aos interesados en inscribirse nalgunha das materias con prazas libres: Música e Movem ...