Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 30 de xuño de 2021

NOVAS

Este mércores, 30 de xuño, o Concello de Ames celebra o pleno ordinario do mes de xuño. En dita sesión plenaria a Corporación municipal debaterá a solicitude dunha subvención nominativa á Deputación provincial da Coruña para a execución das obras de construción nunha primeira fase de ...

Na Praza de Manuel Murguía, ás 17.00 horas, realizarase o acto de preselección do concurso de karaoke "Canta con Ames" o mércores 30 de xuño. Participarán 14 persoas repartidas entre as 3 categorías. 20 persoas como máximo, cada unha na súa categoría correspondente, pasarán á semifina ...

Decenas de veciños e veciñas achegáronse onte, 28 de xuño, á Casa do Concello para celebrar, ao ritmo da rapeira e regueifeira pontevedresa, o Día do Orgullo LGTBIQ+. A xornada comezou ás 18:00 horas co acto institucional e lectura do Manifesto.

AVISOS

Dende hoxe, 29 de xuño, xa está operativa a columna de autolavado, inflado de rodas e reparación de bicicletas da Casa da Cultura do Milladoiro.
O alcalde de Ames, J. Blas García Piñeiro, ven de publicar un bando coa entrada en vigor da ordenanza reguladora da ocupación de dominio público e espazados privados de uso público por terrazas e elementos vinculados á actividade comercial e hostalaría con fins non festivos.