Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 3 de xuño de 2021

AVISOS
O alcalde de Ames, J. Blas García Piñeiro, ven de publicar un bando coa normativa que rexerá para as cacharelas e as sardiñadas este ano: Normas básicas 1.- Con motivo da propagación da pandemia da COVID-19, non están permitidas as cacharelas ou sardiñadas en terreos públicos. Soamente ...
A concellaría de Promoción Económica do Concello de Ames informa que o día 22 de xuño, as oficinas da UCGAL de Milladoiro non atenderán ao público por non estar dispoñible o espazo.
Durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro, as sesións de ioga terapéutico realizaranse ao aire libre. Os luns e mércoresno entorno da piscina municipal do Milladoiro e, os martes e xoves, nos xardíns do Pazo da Peregrina . O prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 10 de xuño. ...

NOVAS

Blas García, e a concelleira de Promoción Económica e Emprego, Ana Belén Paz, visitaron  a empresa de material sanitario Conic Vascular España. Situada fronte ao paseo fluvial, en Bertamiráns, a empresa é unha das máis importantes do mundo no sector do deseño, desenvolvemento e fabr ...

Até o 28 de xuño está aberto o prazo para presentarse ás subvencións para a promoción de Festas Populares e actividades levadas a cabo polas Asociacións Culturais que outorga o Concello de Ames a través da concellaría de Cultura. Nesta ocasión concederanse 75.000 euros: 45.000 ás activ ...

A Concellaría de Mocidade organizou o pasado sábado, 29 de maio, unha xornada no Ecoparque Multiaventura (Marín-Pontevedra), onde a mocidade amesá gozou de catro circuítos suspendidos nas árbores con máis de 70 xogos como lianas, tirolinas, rocódromo, redes, pontes de mono, troncos, tábo ...

O 2 de xuño celébrase o Día do Doante de Órganos, unha data coa que, baixo o lema “Doar é Amar”,  preténdese agradecer a todas as persoas doadoras e ás súas familias, que favoreceron a mellora da calidade de vida das persoas que necesitan un órgano. A Con ...