Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 29 de xaneiro de 2021

NOVAS

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe, 28 de xaneiro, a modificación das bases da campaña de tarxetas bono Reactiva Ames. Deste xeito, modifícase o primeiro período da campaña Merc@mes. Inicialmente estaba previsto que se desenvolvese do 5 de febreiro ata o 31 de marzo, pero debido ás novas ...

A totalidade de veciños e veciñas de Ames que responderon á enquisa sobre a web municipal, afirmaron coñecer a páxina do Concello de Ames. O 45% dos enquisados accede semanalmente a ela  e o 27%, diariamente. 25 dos participantes declárase satisfeitos a niveis xerais co sitio concellod ...

Hoxe, ás 20.30 horas, celebrarase de forma telemática o pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro. Debido ás novas restricións de nivel máximo pola Covid, na que está toda a Comunidade Autónoma de Galicia, decidiuse realizar a sesión plenaria de forma telemática por precaución. A ...

AVISOS

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa da publicación das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas para o programa de conciliación da vida laboral e familiar Entroido Lúdico 2021.
A 5ª carreira solidaria “Móvome pola paz” que se ía realizar este venres, 29 de xaneiro, no CEIP de Barouta adíase por mor das previsións metereoloxicas que anuncian chuvias para esa xornada. A carreira realizarase máis adiante, nunha xornada na que o tempo o permita.