Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 24 de febreiro de 2020

NOVAS

Esta mañá presentouse no paseo da Igualdade, ao carón do pavillón polideportivo do Milladoiro, a carreira de obstáculos “Moitos camiños, mesma meta”. O evento, organizado pola Concellería de Benestar Social, Igualdade e Promoción da Saúde, enmárcase dentro dos actos para a conmemora ...

O vindeiro venres, 28 de febreiro, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá, a partir das 20:00 horas, unha homenaxe poética e musical a Rosalía de Castro. O acto central da conmemoración do Día de Rosalía, cuxa entrada será libre e gratuíta ata completar aforo, contará con lecturas, d ...

O salón de plenos da Casa do Concello acolleu este xoves, 20 de febreiro, un pleno extraordinario no que a Corporación municipal aprobou de xeito inicial o orzamento municipal de Ames para o exercicio 2020. Deste xeito, adiantase nun mes a aprobación do presuposto respecto ao exercicio 2019 e ...

A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, e mailo alcalde de Ames, José Miñones, presidiron a Xunta Local de Seguridade, unha reunión na que se analizou a seguridade cidadá no municipio, o máis seguro de Galicia e segundo de España, segundo amosan os datos recollidos no bala ...

Leticia Falcón, especialista en estimulación musical temperá, ofrecerá un obradoiro de arrolos e colos musicais o sábado, 29 de febreiro, na Aula de usos múltiples da Casa da Cultura do Milladoiro. Haberá dúas sesións, unha ás 11.00 e outra ás 12.00 horas. A actividade está destinada ...

Esta semana realizouse unha xuntanza no salón de plenos da Casa do Concello, na que participaron o persoal técnico da Concellaría de Transición Ecolóxica e do Medio Rural, membros do goberno municipal, e o persoal da Brigada de plantación forestal e da Brigada Aprol Rural. En dita reunión ...

AVISOS

Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús das Escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Premendo nos enlaces que están ao pé deste aviso poderás obter os menús que se servirán no almorzo e xantar do programa Entroido Lúdico. Este programa de conciliación da vida laboral e familiar desenvolverase os días 24, 25 e 26 de febreiro nas localidades de Bertamiráns e do Milladoiro. Es ...