Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 23 de marzo de 2020

NOVAS

Debido ao estado de alarma no que nos atopamos, o servizo de transporte metropolitano vese reducido ao 50% con modificación de horarios e quendas. Este servizo de transporte metropolitano depende da Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia. Ademais, o Concello solicítalle á Xunta qu ...

O Concello de Ames decidiu o pasado 13 de marzo a suspensión de varios servizos municipais como consecuencia da pandemia do Coronavirus. Debido a que a execución destes servizos non é posible procedeuse a suspensión dos contratos, con efectos dende o día 14 de marzo de 2020 e mentres dure o ...

Dende o Concello e as forzas e corpos de seguridade volven a insistir na necesaria colaboración da cidadanía para o estrito cumprimento das normas derivadas do Real Decreto 463/2020 que establece o estado de alarma. A Policía Local de Ames procedeu a cursar ata un total de 30 denuncias en dous ...

Este mércores, 18 de marzo, celebrouse unha xuntanza na Casa do Concello, en Bertamiráns, para abordar a situación actual no concello de Ames tras as medidas tomadas polo Goberno do Estado para atallar a crise sanitaria do COVID-19 e coordinar as actuacións á desenvolver que garantan o cumpr ...

O Concello de Ames informa de que por medio de decreto de Alcaldía se modifica a data de desconexión coa sede electrónica da Deputación Provincial da Coruña como consecuencia da situación excepcional orixinada pola epidemia do coronavirus (COVID-19). Debido a isto solicítaselle á Deputaci ...

AVISOS

O Concello de Ames informa que as áreas municipais de autocaravanas quedan pechadas ata novo aviso. O Ministerio de Sanidade aprobou dúas novas ordes e unha instrución na que se establecen criterios interpretativos para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19. Ambas ...
O Concello de Ames informa que os parques caninos quedan pechados ata novo aviso como consecuencia da aprobación do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, de declaración do estado de alarma pola pandemia do coronavirus.
O Concello de Ames informa que se aprobaron por parte do Ministerio de Sanidade dúas novas ordes e unha instrución na que se establecen criterios interpretativos para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19. Ambas deben de terse en conta tanto pola Policía Local como ...
En vista da declaración do estado de alarma efectuada polo Goberno do Estado, a través do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo (BOE 14 de marzo), para afrontar a emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus COVID-19 e tendo en conta o novo Real Decreto Lei 8/2020, de 17 de marzo, (BOE núm. 73 ...