Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 22 de abril de 2021

NOVAS

O alcalde de Ames, Blas García, continúa coa ronda de contactos cos alcaldes dos concellos limítrofes. Hoxe reuniuse co rexedor do Concello de Teo, Rafael Sisto, co que abordou diferentes asuntos que lle afectan a ambos municipios. Ambos rexedores coincidiron na importancia de buscar unha solu ...

A Corporación municipal, reunida en sesión plenaria extraordinaria, aprobou de xeito definitivo o Orzamento municipal de 2021, que ascende a cifra de 29.888.000 euros. Trátase do maior orzamento municipal aprobado no Concello de Ames. A aprobación definitiva do orzamento estivo asociada á de ...

O acto terá lugar no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, este xoves 22 de abril, ás 20:00 horas, coa presenza do autor, da concelleira de Cultura, Natividade González, e do escultor e profesor na escola de arte Pablo Picasso da Coruña, Miguel Ángel Vigo Baleirón. Tomas Guerrero é un escrit ...

A veciña de Ortoño, Sofia Rial, compite, representando ás Terras de Compostela, no concurso “Recantos” do programa Luar da Televisión de Galicia. Este venres, 23 de abril, a cantante subirase aos escenarios. Pódese votar por Sofia a través do Whatsapp 661 398 440, escribindo VOTO SOFIA. ...

AVISOS

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica e Emprego, informa da resolución defintiva do Plan de Emprego Local (PEL REACTIVA) que foi publicada este mércores, 21 de abril, no Boletín Oficial da Provincia.
A Concellaría de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, a través da Aula da Natureza, informa de que están esgotadas as prazas para participar na visita ás Fragas do Eume, prevista para este sábado 24 de abril, e que se enmarca dentro do programa Pegadas. As persoas que non obtiveron praza es ...
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, abre o prazo de inscrición do programa de conciliación familiar, Xuño Lúdico. As inscricións poderán tramitarse ata o 3 de maio. O servizo desenvolverase, tanto no Milladoiro como en Bertamiráns, os días 23, 24, 25, 28, 29 e 30 de ...