Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 20 de xaneiro de 2020

AVISOS
Dende o Concello de Ames infórmase que debido ás abondosas chuvias desta semana non se puideron rematar os traballos de rehabilitación do firme (SC-20) que vai dende o polígono do Tambre (Santiago de Compostela) e O Milladoiro (Ames). Debido a iso, ditos traballos continuarán o próximo luns, 2 ...
Premendo nos enlaces que están a baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús da Rede municipal de comedores escolares para esta semana, así coma suxestión para as ceas. Ademais, para equilibrar a dieta diaria de todos os nenos e nenas de Ames a nutricionista prepara un menú cos almor ...
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús das Escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.

NOVAS

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación do expediente de licitación das obras de pavimentación do camiño que vai dende O Mercuto ata A Folgueira, ambos lugares pertencentes á parroquia da Ameixenda. Estas obras están incluídas no POS+ 2019. O proxecto foi adxudicado á empr ...

O goberno municipal de Ames volve a solicitar unha Aula CeMIT para o Milladoiro. O alcalde de Ames, Jose Miñones, vén de enviarlle o pasado 8 de xaneiro unha carta á directora da área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Rosa Méndez Calvo, s ...

Logo dun breve paréntese por mor das festas de Nadal, a radio municipal retoma a próxima semana a emisión dos programas radiofónicos realizados pola veciñanza. Así, desde o próximo luns, 20 de xaneiro, poderemos seguir escoitando os 15 programas que forman parte da grella de Ames Radio ata ...

As bibliotecas municipais acollen dúas novas sesións de contacontos para a próxima semana. “Unha merenda de contos” levarase a cabo en dúas sesións, unha o mércores 22 de xaneiro na Biblioteca do Milladoiro, e outra o xoves 23 na Biblioteca de Bertamiráns, ambos días ás 17.30 horas. ...

O departamento de Mocidade do Concello de Ames organiza para os vindeiros meses un curso de monitor/a de actividades de tempo libre. Este desenvolverase en fins de semana de febreiro, marzo e abril en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. As ...