Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 2 de outubro de 2019

NOVAS

A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar as obras de pavimentación para a mellora do viario de acceso ao polígono do Milladoiro dende a estrada Ventín-Coira. Estes traballos foron adxudicados á empresa Excavaciones Pose SL, por un importe de 59.895 euros. Para executar este proxecto o Conce ...

A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar 10 novas concesións de nichos e columbarios do cemiterio municipal de Ames. Deste xeito, adxudicáronse 4 concesións (1 panteón tipo A de 3 nichos e 1 columbario; e 3 columbarios) por un período de 25 anos e 6 concesións (5 columbarios; e 2 nichos i ...

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Ames iniciará 12 novos cursos nos meses de outubro e novembro. Esta aula formativa, situada na Casa da Cultura de Bertamiráns, ten como obxectivo facilitar o acceso dos veci ...

ORDENANZAS E REGULAMENTOS

 

AVISOS

A Concellaría de Benestar Social, a través da súa Oficina de Voluntariado (OVA), pon en marcha unha nova edición do curso de español para estranxeiros. A actividade comeza este martes, 1 de outubro, e será impartida un ano máis por Matilde Fernández. A inscrición no curso, dirixido sobre to ...
A Concellaría de Obras informa de que a rotonda do pedregal, situada no localidade de Bertamiráns, estará cortada por mor dos traballos de asfaltado que se van a realizar no núcleo do Pedrogal durante os días 2 e 3 de outubro, en horario de 8.00 a 20.00 horas.