Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 2 de abril de 2020

AVISOS
O Concello de Ames informa de que o Consello de Ministros aprobou este martes, 31 de marzo de 2020, un novo paquete de medidas que se contemplan no Real Decreto-lei 11/2020, de 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID ...

NOVAS

Este martes, 31 de abril, o Comité de coordinación policial mantivo unha nova xuntanza na que se realizou un seguimento da xestión da crise sanitaria polo coronavirus e analizáronse as novas directrices marcadas dende o Goberno do Estado. O obxecto da reunión foi abordar a situación actual ...

O Concello de Ames incrementa o servizo ofrecido á veciñanza  para consultas relacionadas coas axudas postas a disposición das  afectadas e afectados no eido laboral pola situación de emerxencia sanitaria do coronavirus. Deste xeito, as veciñas e veciños de Ames, poderán chamar a ...

O Concello de Ames decidiu o pasado 13 de marzo suspender, temporalmente e ata novo aviso, as actividades municipais deportivas, culturais, medioambientais, de ocio e demais programadas, como consecuencia da pandemia do Coronavirus. Debido a dita medida, a través de decreto de Alcaldía, tamén ...