Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 19 de agosto de 2019

AVISOS
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús das Escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.

NOVAS

Cada ano o terceiro sábado de agosto celébrase o día dos animais sen fogar, trátase dun día destacado para recordar o gran número de mascotas que non teñen fogar á espera de ser adoptados. O Concello de Ames traballa co Refuxio de animais de Cambados para que preste o servizo de recollida ...

Un ano máis o Concello de Ames colabora co programa Vacacións en Paz, que leva a cabo a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, a través do cal as familias do municipio acollen durante os meses de xullo e agosto nenos e nenas saharauís. Nesta edición son 11 familias amesás as qu ...

Este venres, 16 de agosto, comeza a última quincena da Escola de Verán. No mes de  agosto os nenos e nenas da Escola de Verán converteranse en protagonistas creando os seus propios estilos e bandas musicais. Mediante estes programas, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Educac ...

A Concellaría de Benestar Social informa á veciñanza amesá de que unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) estará os días 19 e 20 de agosto en Bertamiráns. O vehículo estará ao carón da praza da Maía, en horario de 9.30 a 14.30 horas e de 15.30 a 21.00 horas. Lém ...