Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 17 de marzo de 2022

AVISOS
A comedia transmedia “GOLFA”, orixinalmente programada para o venres 25 de marzo, queda adiada por motivos de incompatibilidade de parte do persoal da compañía. No seu lugar, a función terá lugar dúas semanas despois, o venres 8 de abril, mantendo hora e lugar, o auditorio da Casa da Cultur ...
As actividades da Aula da Natureza continúan en marzo, cun curso de apicultura os días 19 e 20 e cun taller de elaboración e colocación de caixas niño, o sábado 26.
Dende a Concellaría de Mocidade informan de que están esgotadas todas as prazas da actividade de karting incluída no programa Trouleando. Esta actividade desenvolverase no kartódromo de Valga o sábado, 26 de marzo, con servizo de autobús dende O Milladoiro e Bertamiráns.

NOVAS

O Concello de Ames está inmerso nunha rolda de contactos coas empresas do sector audiovisual que contan con sede no concello de Ames. Neste caso o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e mailo técnico de desenvolvemento local, Juan Carlos Carreja ...

A Xunta de Goberno Local do pasado xoves 10 de marzo aprobou a concesión de axudas para as actividades levadas a cabo polas ANPAs dos centros educativos amesáns nos exercicios 2020 e 2021. En total, as subvencións ascenden aos 24.085,97 euros, que servirán para apoiar as diferentes propostas ...

O Concello de Ames participa un ano máis no curso para a obtención do informe de esforzo de integración da Xunta de Galicia, un documento valorado positivamente á hora de renovar unha autorización de residencia temporal. A formación é de balde e realízase en liña do 14 ao 20 de marzo, su ...

Dende o Concello de Ames puxéronse en contacto coas asociación veciñais do municipio para solicitarlle a súa colaboración para coñecer o estado actual do despregue de fibra óptica nas distintas parroquias do rural. O obxectivo é coñecer aquelas zonas que na actualidade non dispoñen de f ...

A Concellaría de Promoción Económica conmemora o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor lembrando que dispón dun servizo de asesoramento que ofrece a Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) en Bertamiráns e no Milladoiro. O Concello de Ames asinou en 2016 un convenio con esta entidade par ...

Inicialmente prevista para o pasado sábado 12, a carreira de obstáculos “Moitos camiños, mesma meta”, organizada pola Concellaría de Igualdade, celebrarase finalmente este venres 18 de marzo, ás 17:30 horas, no Parque do Ameneiral de Bertamiráns. Co cambio de data tamén se ampliou o pr ...

O venres 18 de marzo volve a comedia á programación cultural de Ames do primeiro semestre de 2022, coa coprodución da compañía A Panadaría e do Centro Dramático Nacional, “As que limpan”. Será na Casa da Cultura de Bertamiráns, ás 20:30 horas. A obra pon o foco nas camareiras de pis ...