Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 16 de decembro de 2019

NOVAS

O Concello de Ames e mailas asociación de comerciantes e empresarios do municipio presentaron esta maña no salón de plenos a campaña Ilumina o teu sorriso, a través da cal se pretende promocionar o comercio local. Deste xeito, ponse en marcha un concurso de fotografía no que haberá que fac ...

Esta semana o alcalde de Ames, José Miñones, e mailo concelleiro de Transición Ecolóxica e Medio Rural, Manuel Lens, reuníronse co director xeral de Defensa do Monte, Tomás Fernández-Couto, para abordar a cuestión da prevención de lumes forestais no municipio amesán. En concreto, na reu ...

O amesá Gabriel Martínez será premiado o próximo venres, 20 de decembro, pola Federación Galega de Piragüismo nunha gala de entrega de premios que terá lugar no salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra ás 18.30 horas, con entrada libre ata completar afo ...

Esta semana inauguráronse dúas árbores con desexos para o novo ano nas Casas da Cultura do Concello. Na Casa da Cultura do Milladoiro os encargados de decorar a árbore foron os integrantes de Arcea-Adames acompañados polas súas monitoras, mentres que na Casa da Cultura de Bertamiráns a ár ...

A I Carreira-Andaina dos Inocentes celebrarase por primeira vez no Concello de Ames o próximo 28 de decembro, a partir das 18.30 horas, na contorna da praza de Chavián, en Bertamiráns. É unha actividade destinada a todos os públicos. Pódese participar na carreira-andaina cun prezo por dorsa ...

O Concello de Ames e maila organización Acción contra a Fame poñen en marcha un novo taller formativo titulado “Trámites administrativos para poñer en marcha a miña empresa”, financiado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social. Esta actividade desenvolverase o martes, 17 d ...

O Fútbol Club Meigas e mailas Escolas de Fútbol Sala Trasgos organizan unha nova edición do campus de Nadal que se desenvolverá os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro, en horario de 10.00 a 14.00 horas, no pavillón de Bertamiráns. Haberá servizo de gardería de 9.00 a 10.00 e de 14.0 ...

AVISOS

Premendo nos enlaces que están a baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús da Rede municipal de comedores escolares para esta semana, así coma suxestión para as ceas. Ademais, para equilibrar a dieta diaria de todos os nenos e nenas de Ames a nutricionista prepara un menú cos almor ...
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús das Escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
O Concello de Ames participa outro ano máis na campaña de esquí que organiza a Deputación da Coruña entre o 31 de xaneiro ao 3 de febreiro. Está destinada a rapaces de 11 a 15 anos, ambos inclusive, cumpridos ata o 31 de decembro de 2020. Desta maneira, os participantes gozarán de 4 días na ...