Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 16 de abril de 2020

NOVAS

A Xunta de Goberno Local aprobou a licitación do concurso de ideas, por un importe de 30.000 euros, para a creación dun centro de ocio, cultura e promoción económica no Milladoiro, a través de decreto da Alcaldía. Este acordo coincide coa declaración do estado de alarma por parte do Gobern ...

O Comité de Emerxencia Social celebrou a súa segunda xuntanza, na que fixo balance sobre a situación actual dos servizos sociais, destacando que continúa o incremento de usuarios e necesidades en emerxencia social. Na reunión aprobouse a instrución sobre as axudas de emerxencia social e gar ...

AVISOS

O Concello de Ames informa que debido ao recollido no punto 4 do Decreto 704/2020 das medidas adaptadas como consecuencia do COVID-19, con data de 13 de marzo, e ata novo aviso, quedan suspendidos temporalmente os servizos da Escola Municipal de Música de Ames.
O Concello de Ames informa do peche de todas as fontes públicas do concello e, como consecuencia, a prohibición do seu uso, durante a vixencia do estado de alarma. É unha medida que se toma por recomendación sanitaria, polo que se agradece a comprensión e colaboración da veciñanza amesá.