Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 15 de xuño de 2021

NOVAS

“Altamira brilla”. Un libro sobre a batalla, o plan director que debuxa os plans de futuro para a fortaleza, unha ruta polos encraves máis importantes que abeiran ao suceso histórico, unha recreación teatral e un concerto son os elementos que conformaron a celebración de "Altamira brilla" ...

Do luns 14 ao venres 25 de xuño estará aberto o prazo para inscribirse nos cursos de natación que se imparte, de luns a venres, no mes de xullo, nas piscinas descubertas municipais. Deberase inscribir a través da plataforma Cronos.

40 nenos e nenas achegáronse o sábado, 12 de xuño, ao Aparcadoiro da Rúa Palmeiras en Milladoiro ás 17:00 horas. Co motivo da celebración do Día da Seguridade Viaria, o Concello de Ames organizou unha xornada cunha serie de actividades infantís.

AVISOS

O Roteiro Maker, unha furgoneta que organiza obradoiros gratuítos itinerantes relacionados coa tecnoloxía e o Camiño de Santiago, estará no Milladoiro o martes 15, no aparcadoiro da Casa da Cultura. O horario será de 17.00 a 19.00 horas. Durante a xornada, os veciños e veciñas, de todas as id ...