Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 15 de xuño de 2020

NOVAS

O Concello de Ames informa das novas medidas que rexerán a partir do vindeiro luns, 15 de xuño de 2020, contempladas na Resolución do 12 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de ...

O Concello de Ames publica o seu programa de campamentos municipais para este verán, a través do cal ofertan 252 prazas repartidas entre 9 campamentos diferentes que se desenvolverán en diferentes datas entre o 6 de xullo ao 5 de setembro. O prazo de preinscrición ábrese o próximo martes 16 ...

O campo de golf do Real Aero Club de Santiago acolleu o pasado mércores, 10 de xuño, unha reunión coa industria turística do Concello de Ames, que estivo presidida polo alcalde, José Miñones, xunto co concelleiro de Turismo, Manuel Lens, e a técnica municipal de Turismo, Sonia Moure. O obx ...

O Concello de Ames, a través da Concellería de Benestar Social, súmase á conmemoración do Día Nacional da Linguas de Signos este domingo 14 de xuño iluminando a fachada da Casa do Concello de cor turquesa. O lema da campaña deste ano é “A lingua de signos non deixa a ninguén atrás” ...

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Mobilidade, informa de que este sábado 13 e o domingo 14 de xuño vólvese a cortar o tráfico en varias rúas de Bertamiráns e do Milladoiro co obxectivo de favorecer a mobilidade das persoas e poder manter así as distancias de seguridade. Esta ...

Este sábado, 13 de xuño, celebrarase unha sesión extraordinaria da Xunta de Goberno Local, para realizar o ...

AVISOS

O programa "En Ames, Naturalmente" busca que as nenas e nenos volvan a relacionarse con persoas da súa idade a través da natureza. Os campamentos, que se realizarán en diferentes quendas entre os meses de xuño e xullo nas instalacións da Aula da Natureza do Concello de Ames, están destinados a ...
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa de que no DOG de hoxe sae publicada a convocatoria de axudas da Xunta de Galicia, dirixida a facilitar a conciliación da vida familiar e laboral das familias con nenos e nenas de ata 12 anos de idade, durante o tempo de suspensió ...
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa de que están publicadas as listas provisionais de nenos/as admitidos/as nas escolas infantís municipais O Bosque, de Bertamiráns, e A Madalena, do Milladoiro, para o curso 2020-2021. Os pais/nais terán un prazo de 5 días hábi ...
Unha das liñas nas que se articula o Plan de reactivación económica para Ames é a posta en funcionamento dun espazo web informativo onde se recolle toda a información de interese para os afectados/as pola crise sanitaria da Covid-19, como normativa vixente, noticias, modelos e plantillas, e ond ...