Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 15 de novembro de 2019

AVISOS
Premendo nos enlaces que están a baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús da Rede municipal de comedores escolares para esta semana, así coma suxestión para as ceas. Ademais, para equilibrar a dieta diaria de todos os nenos e nenas de Ames a nutricionista prepara un menú cos almor ...
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús das Escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
A Concellaría de Benestar Social informa á veciñanza amesá de que unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) estará os días 15 e 16 de novembro no Milladoiro. O vehículo estará na Rúa Cruxa, no cruce con Rosalía de Castro, en horario de 15.30 a 21.00 horas o día 15 e ...
O magosto, que estaba programado para a tarde do día 15 de novembro, aprázase debido ás condicións meteorolóxicas. Desenvolverase o 22 de novembro a partir das 16.30 horas no Campo da Festa San Amaro de Barouta.

NOVAS

Este xoves, 14 de novembro, celebrouse unha nova sesión da Xunta de Goberno Local na que se aprobou a adxudicación do expediente de subministro, instalación, conexión, mantemento e desmontaxe do alumeado de Nadal e outros elementos decorativos da campaña de Nadal. Este servizo foi adxudicado ...

O vindeiro venres día 22 de novembro terá lugar no Pazo da Peregrina de Bertamiráns o obradoiro “Arrolos con Mamá Cabra”. Está programado para as 18.00 horas e está destinado a futuros pais e nais ou familias con crianzas de 0 a 3 anos. A inscrición, dispoñible ata o día 21, realizar ...

O Fútbol Club Meigas segue medrando e nesta ocasión unha das súas xogadoras, a capitá do primeiro equipo, Teresa Pereiro, foi convocada coa Selección Española sub 19 de fútbol sala, para disputar dous partidos amistosos contra a Selección de Portugal. A xogadora do club amesán estará co ...

Este venres, 15 de novembro, celebrase un espectáculo tangueiro, musical, poético e lunfardesco, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, a partir das 21.30 horas. Baixo o título de Cando Lorca coñeceu a Gardel, do tango aos poemas galegos, actuarán no escenario Rocío Freij ...

Este mércores, 13 de novembro, celebrouse un pleno extraordinario no que se aprobou a proposta de subsanación da documentación enviada para optar a unha axuda do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE), para o desenvolvemento dun proxecto singular de aforro e mellora ...

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Ames programa para o próximo luns, 18 de novembro, a actividade Voces Violetas, encadrada dentro da campaña Nós Contra a Violencia. Terá lugar ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns e está destinada a nais, pais, per ...