Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 11 de outubro de 2019

AVISOS
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús das Escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Premendo nos enlaces que están a baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús da Rede municipal de comedores escolares para esta semana, así coma suxestión para as ceas. Ademais, para equilibrar a dieta diaria de todos os nenos e nenas de Ames a nutricionista prepara un menú cos almor ...
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa de que a partir do 15 de outubro enviáraselle información (avisos, notificacións, incidencias, etc.) ás familias usuarias da Rede municipal de comedores escolares a través da plataforma de comunicación TokApp School.

NOVAS

O Concello de Ames, a través do Servizo de Normalización Lingüística e do departamento de Promoción Económica, pon en marcha por segundo ano consecutivo o Premio Lingua e Empresa, co obxectivo de recoñecer o uso e fomento da lingua galega na actividade empresarial. Optarán a este galardó ...

A localidade do Milladoiro acolle este sábado, 12 de outubro, a primeira edición da Ruta Biker Aultruísta “Animalíate”, un evento solidario que se desenvolverá na contorna da Casa da Cultura  e do pavillón polideportivo. A Asociación Ángeles caídos sobre ruedas e o grupo Bikerso ...

O certame Enreguéifate entrega os premios da edición 2019 hoxe venres 11 de outubro, ás 20.00 horas, no Teatro Principal de Santiago, nun acto cheo de música e humor en verso. O acto estará conducido por catro (re)coñecid@s regueifeir@s: Sechu Sende, Olalla Liñares, Manolo Maseda e Lupe Bl ...

A concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, asistiu esta mañá á Asemblea Xeral de socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, onde se aprobou por unanimidade a composición da Comisión Executiva, que rexerá a entidade nos próximos catro anos. O Concello de Ames pasa a ocup ...

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Obras e Servizos Básicos, informa dos cambios na circulación do tráfico que se van a realizar na rotonda do Pedregal e na estrada que vai cara os lugares de Cantalarrana e Carballido. Estas modificación na circulación están motivadas polas ob ...

Esta mañá celebrouse unha nova sesión da Xunta de Goberno Local na que se aprobou a adxudicación do subministro de equipos para a renovación do alumeado público de Oca e Raíces e nas estrada de Pedrouzos, Paramuíño e Cortegada. Outros asuntos aprobados foron a clasificación de ofertas p ...

Este pasado mércores, 9 de outubro, o concelleiro de Turismo do Concello de Ames, Manuel Lens, e a técnica municipal de turismo, Sonia Moure, reuníronse na Coruña co vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, e cos alcaldes e concelleiras dos concellos de Brión e Padrón, co obxectivo de ...

O Concello de Ames, a través do departamento de Urbanismo, vén de emitir un informe favorable ante a solicitude feita polo SERGAS para a reparación e mantemento do centro de saúde de Bertamiráns. O presuposto de execución material das obras ascende a 260.737 euros, ao que hai que sumarlle o ...

Esta mañá o alcalde de Ames, José Miñones, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, asinaron o convenio polo cal o organismo provincial e mailo Concello van a investir 357.303 euros nas obras de renovación do campo de fútbol de Bertamiráns, dotándoo dun novo ...

O Concello de Ames, a través da Aula da Natureza, organiza varias actividades micolóxicas para os meses de outubro e novembro. Ademais de dúas saídas ao campo, o 12 de outubro e o 23 de novembro, este ano engádense á lista de actividades dispoñibles dous cursos para un maior coñecemento d ...