Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 1 de xullo de 2020

NOVAS

A Biblioteca Municipal de Bertamiráns e a Biblioteca Municipal do Milladoiro xa están preparadas para a nova normalidade. Así, a partir de mañá, mércores 1 de xullo, reactívanse os servizos habituais como a consulta, lectura e estudo en sala, ou o préstamo e devolución de obras, pero cun ...

Despois de levarse a cabo traballos de acondicionamento e mellora nas instalacións, mañá, mércores 1 de xullo, abren as piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro, así como a praia fluvial de Tapia. O horario de apertura das piscinas do Milladoiro e Bertamiráns será de ...

O Fondo Galego de Cooperación, do que Ames é socio e forma parte da súa Comisión Executiva, aprobou por unanimidade as Liñas Estratéxicas 2020-2023 nunha Asamblea Xeral celebrada esta mañá. Foi a primeira asamblea que se desenvolveu de xeito virtual na historia da asociación de concellos ...

A Aula CeMIT de Ames abrirá a aula para o uso libre dos seus equipos a partir do xoves 2 de xullo. O horario durante as primeiras semanas será de 9.30 a 13.30 horas, deixando a tarde para continuar cos seus cursos dende a casa. Destes últimos, hai programados dous máis para este mes de xullo, ...

Xosé Antón López Silva dá clases de latín en secundaria e é tradutor, crítico e editor. Paulo Calvo é profesor de Economía e Matemáticas e escritor. Nazaret López traballa como xornalista no departamento de Comunicación do Concello de Ames e é dramaturga e escritora. Os tres viven en ...

Os cidadáns de Ames votaremos nos mesmo colexios electorais que o o viñamos facendo nas últimas convocatorias, agás en Ventín que, dentro do mesmo CEIP, trasládase o local de votacións a un pavillón anexo mais amplo que o utilizado até agora. Iso si, votaremos con máscara e en medio de ...

AVISOS

O Concello de Ames publica os impresos para realizar as inscricións nos campamentos de verán 2020. As Concellarías de Medio Ambiente e Mocidade ofrecen, a través deste programa, 252 prazas repartidas entre 9 campamentos diferentes que se desenvolverán en diferentes datas entre o 6 de xullo ao 5 ...