Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 1 de setembro de 2021

NOVAS

Dende o Concello de Ames infórmase que estará prohibido aparcar desde as 08.00 horas do día 3 ata as 08.00 horas do día 4 de setembro, tanto no aparcadoiro coma na Rúa Agro do Medio, a cal pechará a circulación ás 15:00 horas. Os peóns poderán acceder ás vivendas ou aos negocios.  ...

Contos, música, teatro, xogos, encontros científicos e festivais de cine e de maxia, 15 actividades compoñen a programación infantil con Apego para o último cuadrimestre do ano 2021 que prepararon as concellarías de Cultura e Normalización Lingüística. A primeira delas son as

A Concellaría de Cultura organizou, dende setembro ata decembro, un curso de alfabetización dixital nas parroquias de Agrón, Trasmonte, Bugallido, Biduído, Augapesada, Covas, Tapia, Ameixenda e Ortoño. O primeiro obradoiro impartirase o 13 de setembro. As prazas son limitadas e para inscribi ...

AVISOS

O alcalde de Ames, J. Blas García Piñeiro, ven de publicar un bando sobre a prohibición de estacionamento, debido á actuación da París de Noia, no aparcadoiro do Supercor, así como no tramo da Rúa Agro do Medio cos cruces de rúa Pardiñeiros e rúa Cruxa, dende as 8.00 horas do venres 3 de ...
O alcalde de Ames, J. Blas García Piñeiro, ven de publicar un bando sobre o corte de tráfico en Bertamiráns o vindeiro 5 de setembro de 2021 na Avenida da Maía en Bertamiráns (AC-543), así como no tramo que vai dende o núcleo de Bertamiráns ata o fin do termo municipal de Ames (Aldea Nova), ...