Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 1 de outubro de 2019

NOVAS

Un ano máis, o Concello de Ames apostou pola promoción do deporte, unha actividade lúdica e mental que mellora substancialmente a vida de quen o practica. Por este motivo, a Concellaría de Deportes organizou no Milladoiro unha nova edición do Día do Deporte, no que a veciñanza amesá puido ...

As bibliotecas de Ames xa contan coa programación de actividades para o último trimestre do ano. Esta semana comezan as mesmas coa celebración de dúas sesións de contacontos para nenos e nenas de 3 a 8 anos. A compañía Eduvía achegará ás biblitecas amesás o seu espectáculo Dadá el du ...

A Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá o próximo sábado, 5 de outubro, o espectáculo Cantacontos a través de Fiestra. Manolo Boquete e Roberto Feáns farán gozar ás familias asistentes, ao máis puro estilo da antiga radionovela, cun relato adornado con sons de ambiente e intercalado c ...

O goberno municipal formado por PSdeG, BNG e Contigo Podemos vén de cumprir 100 días de traballo dende o pleno de investidura celebrado o pasado 15 de xuño. Durante este tempo destaca o volume de actividade na xestión, a normalidade institucional e a estabilidade política. Durante estes prim ...

Un ano máis bota a andar o programa "Amessan", que inclúe actividades de ximnasia terapéutica e de decoración e restauración, así como obradoiros de música tradicional e de estimulación cognitiva. Estas actividades desenvólvense nas Casas de Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro, na Ca ...

A Corporación municipal aprobou no pleno ordinario de setembro un suplemento de crédito, financiado con remanente de tesourería, para financiar o proxecto de adquisición dun ben inmoble para o seu uso como centro Coworking. Ademais, aprobouse por unanimidade a adhesión á Central de contrata ...

O alcalde de Ames, José Miñones, e maila concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, foron recibidos este pasado martes, 24 de setembro, pola conselleira de Política Social da Xunta de Galicia, Fabiola García. Nesta reunión abordaron asuntos de interese para Ames, como por exemplo seguir ...

AVISOS

A Concellaría de Deportes fai pública a listaxe de prazas libres para apuntarse nas Escolas Deportivas municipais. Dende este luns, 30 de setembro, pode facerse a solicitude.
Premendo nos enlaces que están a baixo o apartado de descargas, poderás obter os menús da Rede municipal de comedores escolares para esta semana, así coma suxestión para as ceas. Ademais, para equilibrar a dieta diaria de todos os nenos e nenas de Ames a nutricionista prepara un menú cos almor ...
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús das Escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.