Pestanas principais

Novas e avisos de Ames, 2 de agosto de 2021

AVISOS
O concerto do grupo Son de Tres programado para este domingo 1 de agosto aprázase por mor das condicións meteorolóxicas. O concerto previsto para as 20:00 horas na Praza da Madalena estaba dentro do programa AmesON.
Premendo no enlace que está ao pé deste aviso poderás obter os menús das Escolas infantís municipais O Bosque e A Madalena. Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
O Concello de Ames achega as seguintes recomendacións para gozar con responsabilidade do X Millarock: A apertura de portas será ás 20:30, pregamos puntualidade para poder comezar o festival á hora prevista. As actuacións de Desequilibrio Mental, Terbutalina e Bala, terán lugar por esa orde ...
O Concello de Ames informa sobre os casos activos por Covid-19 no municipio. Segundo se traslada dende a Xerencia da Área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza o número de casos activos por Covid-19 en Ames é de 189. A incidencia acumulada a 7 días é de 302 casos, mentres que a inciden ...

NOVAS

O Concello de Ames celebrou este xoves, 29 de xullo, a sesión ordinaria do pleno do mes de xullo. A Corporación municipal aprobou o Plan Ames Progresa, un ambicioso plan de choque para reactivar a economía amesá. O Pleno municipal, tamén, aprobou os dous suplementos de créditos destinados a ...

O programa “AmesON” comeza o mes de agosto co concerto de Son de Tres. O trío será o encargado de poñerlle música e ritmos latinos á noite amesá. O concerto celebrarase o domingo 1 de agosto na praza da Madalena, no Milladoiro, ás 20.00 horas.

O aumento de casos de COVID-19 rexistrado nas últimas xornadas fai que o concello de Ames pase, desde as 00:00 horas deste sábado, 31 de xullo, ao nivel alto de restricións tal e como decretou a Xunta de Galicia no

O programa “AmesON” culmina o mes de xullo co concerto de Xosé Constenla Grupo. O cuarteto, formado por músicos de primeiro nivel, será o encargado de poñerlle o broche de ouro ao mes de xullo. O concerto celebrarase o sábado 31 na praza da Madalena, no Milladoiro, ás 20.00 horas.